Overslaan naar inhoud

Estamos ante proposta para a literatura galega da tradución dun textorelativamente curto e, en gran parte, inxustamente esquecido daliteratura francesa, pero que se sitúa nos albores da novelaromántica, (lembremos Atala(1801) e René (1802) de Chateaubriand, ou Corinne(1808) de Mme de Staël) coa que comezaría a saga da grandenovela moderna francesa do XIX. Trátase de Adolphe (1816) de Benjamin Constant. Sitúase pouco despois das obras mencionadas e so quince anos antes que do primeiro gran relato deste século Le Rouge et le Noir(1830), e dalgunha maneira contribúe a explicar e a poñer a andarunha nova escritura moi diferente da escritura de corte clásico. Ointerese desta noveliña esta precisamente neste carácter teórico, preparatorio, precursor e renovador dos presupostos narrativos, namedida en que desbota as regras do clasicismo, aínda en certo modovixentes no século XVIII (no caso de Voltaire, por exemplo), para darlugar a unha narrativa mais preocupada polos problemas resultantes dos hábitos sociais e polo seu peso decisivo na conducta e na psicoloxíado individuo. Parécenos moi útil que a literatura galega, que xatraduciu obras de Stendhal, Balzac e Flaubert conte tamén agora conesta aportación. Antón Figueroa Lorenzana