Tes Cinco Minutos #1
ISBN: 9788491516071 Editorial Galaxia, S.A. Literaria
Ao longo das sesións da Escola de Letras, que botamos a andar a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, nas aulas, escoitouse moitas veces esa expresión de"tedes cinco minutos", para que as e os alumnos soubesen que ese erao tempo que tiñan para desenvolver unha proposta literaria. Foidivertido e estresante. En todo caso, un pracer dinámico. Ao final non eran cinco minutos... pero era divertido dicilo e queservise para botar a imaxinación a andar. O libro que tes nas mans é o resultado dun ano de traballo das alumnas e alumnos do primeiro curso da Escola de Letras que se desenvolveunas cidades de Vigo e Pontevedra durante o estraño e pandémico ano2020. Comezamos presencialmente pero rematamos coas pantallas. En todo caso, a literatura seguiu, na forma que fose. Abeirados ás súas profesoras e profesores traballaron intensamente para tentar saber cal é a arquitectura interna dos soños, iso que moitos chaman Literatura. Agora, ofrecémosche o resultado para que ti confirmes o talento, enorme, deste mollo de escritoras e escritores que están chamados afacer grandes cousas entre as letras de nós.