Overslaan naar inhoud

Pandrama

2022 GLG
ISBN: 9788484875796 LAIOVENTO (IBD) Teatro
9,62 € 9,62 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 7–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era dopandrama. O pandrama é totalizador. O prefixo "pan" e o substantivo "drama", xunguidos no pandrama, apelan non só ao drama global, igualque a pandemia se refire a unha epidemia global. O pandramarevélanos que todos os mundos entran nel, do mesmo xeito que todos osdramas entran no mundo. O pandrama, así mesmo, vai máis aló do queentendemos por drama clásico, por tanto, inclúe o posdrama. A suma dodrama e o posdrama é o pandrama. Porque a palabra en acción non sórepresenta ou imita o mundo, como acontece na forma dramática a través do diálogo dos personaxes nunha situación de conflito. A palabra enacción é performativa e, en consecuencia, tamén pode crear ou xerarmundos reais. A ficción fica na cabeza de cadaquén. Todas aspalabras e silencios que se ofrecen neste libro son acción, son xogo. Para iso necesítante, necesítannos, para poñelas en acción. E, aoactivalas, crear o mundo de novo, como crianzas, como deuses.