Daniela Pirata. Todas as súas aventuras
ISBN: 9788410406711 NUBEOCHO NUBEOCHO
Agora podemos acompañar a Daniela mentres se converte en pirata no Caimán Negro, o barco máis temible dos Sete Mares, ou cando colabora coas súas amigas as Pirañas Intrépidas para axudar a sereas e tritóns. Tamén estaremos xunto a ela e a súa tripulación para destruír a bóla de cristal da bruxa Sofronisa e para derrotar unha malvada ciclope que ten secuestrado o príncipe do Reino do Sol. Daniela converteuse nunha personaxe icónica da literatura infantil feminista que anima as nenas e os nenos a eliminar as barreiras de xénero e defende os valores da amizade, a igualdade e o compañeirismo.