🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Os seres queridos

2022 136 p. GLG
ISBN: 9788411100304 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
16,32 € 16,32 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópaseinesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelleun reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesadopola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reuniónsfamiliares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradorafálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, perotamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome. Berta Dávila configura en «Os seres queridos», Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade econfronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autoraconstrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.