Ir al contenido

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso hanviaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alívivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propiavida de Rosalía de Castro.