O tradutor de sombras
ISBN: 9788411101356
Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novelahipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá entregándolle a palabra apersonaxes tan relevantes que deseñarán a arquitectura coral de «Otradutor de sombras». Coñeceremos a Néstor, as súas vivenciaspolíticas e a traxedia persoal que o envolve, vibraremos con Camila Ferro e coa súa turbadora historia de amor e morte, latexaremos coaexperiencia psiquiátrica de Arcadio Corbal e atravesaremos a face máis esgazadora da doenza mental nas voces trémulas de Inés Lostre e Simón Cibeira. Fondamente marcada polo ritmo -unhas veces sosegado, outras, frenético e mesmo, en ocasións, aloulado- na novela desprégase nunhapolifonía de tons diversos e disonantes que acadan a harmonía noconxunto final. A confirmación dunha autora que con «O tradutor desombras» presenta unha orquestra poderosa contra a morte e oesquecemento.