O moucho voa
ISBN: 9788411101431 XERAIS
O moucho voa é un libro pensado para introducir a mocidade nafilosofía. Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadasnos catro temas principais dos que se ocupa a filosofíatradicionalmente: o Ser, obxecto da ontoloxía, a Verdade, obxecto dateoría do coñecemento ou pistemoloxía, o Ben, obxecto da filosofíamoral ou ética, e a Xustiza, obxecto da filosofía política. A filosofía ocúpase dos asuntos que nos preocupan a todas as persoas e proporciónanos instrumentos para pensar con maior rigor, para facerdas nosas vidas unhas vidas plenas. Porque as grandes ideasfilosóficas tamén interesan ao común da xente. Porque calquera persoa, espontaneamente, ten preocupacións relacionadas coa filosofía.