Multitudes
ISBN: 9788411102339
Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana eparte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destinoque, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores epersoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que buscarexenerarse. Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os serescompletos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e asrebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os serescompletos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente deconfluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado. Cunha multiplicidade de voces e percorridos, "Multitudes" é unhachamada á rebeldía vexetal da especie humana.