Ir al contenido

Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosaviaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións co fíoargumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país e reciben a hospitalidade e a clarividencia do seu anfitrión.«Galicia» sitúase na liña da vella tradición de Vicente Risco, de Ramón Otero Pedrayo, de Álvaro Cunqueiro ou de Xosé María Castroviejo, pero non esquece a memoria dos antigos viaxeiros ilustrados que nosvisitaron (Borrow, Ford) e que deixaron por escrito as experiencias do seu camiñar pola nosa terra. «Foi o mestre Otero Pedrayo quen meabriu de par en par as portas do mundo xeográfico deste país noso. Quen me presentou primeiro a descrición física e humana, a realidademonumental, as notas do proceso histórico. Despois, os variadositinerarios que para coñecer Galicia na súa esencialidade cumpríapercorrer. Otero Pedrayo, que era un animador inmenso, desenvolvéndose en múltiples campos da cultura, foi quen espertou en min o afán porcoñecer Galicia toda como viaxeiro, como camiñante.» Francisco Fernández del Riego.