Ir al contenido

O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seussoños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galiciaremataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata As Figueiras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represióne un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceuagochado un tempo, conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durantequince anos antes de regresar á súa casa. Cun emotivo tonmemorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en «Un gorro ruso» os acontecementos vividos por estes dousirmáns familiares seus, activos participantes da política galeguistade Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas esentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outrosrelatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República eperder a guerra.