A pintura debida
ISBN: 9788411103060
Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapazque mira o seu reflexo no gume dun coitelo antes de matar o seuprimeiro porco, unha nena cega que é violada e quere desfacerse desealcume ou un pintor que se arrepinte dos asasinatos cometidos parainspirar a súa obra. Estas son algunhas das historias que compoñen "Apintura debida", un libro de relatos enfiados entre si, onde amiseria, a violencia ou a inxenuidade infantil focalizan a trama decada narración. A través de diferentes perspectivas, desde os ollos dun cativo entempos de posguerra ata os dunha libreira na actualidade, o autorconsegue debullar a crueza do cotián e cédelle o pincel da piedade auns personaxes que se enfrontan a cadanseu lenzo en branco.