Ir al contenido

Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigosdo Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega nolimiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras eautores amosan «a enorme diversidade e calidade que caracteriza hoxe a narrativa do noso país». Trátase de propostas literarias que«transitan libres e porosas, dialogan coa alteridade conscientes daambivalencia que subxace en toda definición identitaria sen, porén, perder o acento que as marca como o produto modelado por un complexoaquí, comunidade que comparte lingua ou, o que é o mesmo, casa eferida». Pola súa parte, Antón Riveiro Coello destaca no epílogo «ainfinidade de rexistros e estilísticas ensaiados, a pluralidade devoces, os enfoques narrativos, as preocupacións temáticas, asdiferentes técnicas de fascinación de todo este magma creador que tenalgo de forza sintetizadora, de respiración dun país pola boca dosreferentes do actual panorama literario.»