Escarlatina, a cociñeira defunta
ISBN: 9788411103596 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais uncurso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu unmegasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acentofrancés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordesde Amanito, o tirano que goberna no Alén. Unha historia de humormacabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.