🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

O libro e o tapiz

2023 280 p. GLG
ISBN: 9788411103633 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
18,77 € 18,77 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde secriaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dossucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografíadominante, asoman os seres humanos que só a literatura é quen derevelar. Enfrontadas entre si, estas dúas figuras cimeiras vanevidenciando cadanseu propósito de dominio nun relato que sucede nomarco das loitas entre o poder laico e o eclesiástico, e a reformagregoriana sustentada pola orde de Cluny. As fronteiras indecisas e as alianzas efémeras, o auxe relixioso e cultural de Compostela e do Camiño, o papel dos magnates galegos na crianza de reis, o nacementode Portugal como póla esgazada do reino de Galiza... Estes son algúnsdos fíos que conforman o pano onde se desenvolve a tirapuxa entre oarcebispo e a raíña. Xabier Paz volve ofrecernos a súa narraciónprecisa e suxestiva para nos transportar a un tempo apaixonante, berce axitado de mitos políticos e culturais propios e alleos, febraconsistente da identidade histórica galega.