Os Suicidantes
ISBN: 9788411104395 XERAIS
Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra decontrol, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño queninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustiaindefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia da produción. Pero Marion, apesar de todo, é unha resistente. E non só porque estea evitandoinflixirse a morte, senón porque nela comeza a nacer unha resposta aesa tiranía que alimenta, contra os seus propios intereses, apropagación dunha doenza chamada «A gran dor». Aínda que non estáorgullosa do seu traballo, Marion leva tempo sendo unha suicidante. Unha operaria da destrución. Aplaca o suplicio mental dos seusclientes a cambio de diñeiro. Mata, elimina, liquida. Pertence a unhabanda armada que opera contra o réxime, pero sen cuestionar a súabrutalidade. Ata que chegue o día en que quizais mude o vento datraxedia.