Un millón de vacas
ISBN: 9788411104401 XERAIS
Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destesrelatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como unsingular retablo da Galicia que vivimos. Entre o videoclip e o angazona ría, entre o turbo e a corredoira, as parabólicas e o tute, asbandas modernas e a pensión agraria... En «Un millón de vacas», o Manuel Rivas periodista vai da man do Manuel Rivas escritor, enriquéceo. A imaxinación é unha ferramenta nesa viaxe de descuberta. Hai moito matiz e sensibilidade nestas páxinas que anuncian deprimeiras divertimento, un xogo, unha explosión de humor, pero queaxiña afondan tamén na outra cara da realidade, a menos visible, einvitan a exercitar o noso espírito crítico.