A sombra cazadora
ISBN: 9788411105033
Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundoexterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu paicoñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles:«Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súaconta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades». Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombracazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literaturaxuvenil. Esta edición, revisada e ampliada polo autor, afiánzaa comoun texto de lectura inexcusable.