Ir al contenido

Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súaavoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experienciassexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa ecunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, estanovela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se faiadulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran osafectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece aarder.