Miss Antropía
ISBN: 9788411760195 GALAXIA Coste Oeste
Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a mortedo pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dunperfil falso nas redes sociais: Miss Antropía, no que inventa a vidadunha rapaza que está morrendo de cancro. A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comezo. Calquera cousa que permita fuxir dos erros do pasado e reconstruírunha existencia feita anacos. Pero a vida da rapaza non cambia. Amesma soidade. A mesma rabia. De pronto, na nova casa, os soños de Noe comezan a poboarse de persoas ás que non coñece, de mortos, de situacións violentas que non acabade entender. Emprenderá unha investigación para dilucidar se hai algode real neses soños ou se dunha vez por todas se volveu tola, comomoitos lle din que está. O que descubrirá será algo terrible, que acambiará para sempre e que a axudará a atopar o seu lugar no mundo.