Viaxe Do Castrexo, a
ISBN: 9788411760584
A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboadocastrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal. O protagonista, un noviño e humilde pescador, despois deser condenado a morte inxustamente, consegue escapar do poboado. Nasúa fuxida, tras múltiples avatares, chega ata o territorio datribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención deconquistalas. Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico comano interior, do protagonista, un canto á perseveranza, átenacidade, á forza de vontade, á amizade e ao amor. E todo adubado co choque de culturas que supuxeron os primeiros encontros entreos conquistadores romanos e os pobos castrexos do noroeste da Península Ibérica.