Ir al contenido

Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase nocoñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega comopoucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súaspáxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuñosliterarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobretodo, as súas fobias contra Galicia, a súa lingua e a súa cultura. Nesta viaxe no tempo descubrimos non só a orixe e evolución dagalaicofobia, senón tamén unha serie de tópicos antigalegos, crueis eridiculizadores, nacidos na Meseta castelá. Esta é, en definitiva, unha obra clara e sintética que dá resposta á eterna pregunta que boaparte da sociedade galega leva facéndose moito tempo: por que nostratan así