Galicia inmaterial. Galicia máxica
ISBN: 9788412321111 Hércules
Galicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural, do cal formanparte abundantes elementos inmateriais: mitos, lendas, costumesancestrais, festas (con grande importancia do elemento gastronómico), tradicións, supersticións etc. Con esta obra preténdese realizar unestudo ? destinado ao público en xeral? do folclore galego na súavertente máxico-relixiosa, mediante unha visión panorámica e uncompendio universal dalgúns dos elementos máis sobranceiros destaparte tan importante da cultura galega. Búscase contribuír á súadifusión e divulgación co obxectivo de poñela en valor, dunha banda, para concienciar da súa salvagarda e evitar o seu esquecemento e, doutra, pola súa importancia como patrimonio inmaterial e o seupotencial como produto cultural e turístico.