Ir al contenido

A miseria e a fame son todo o que coñece Sara na pequena aldea de Santa Combaonde sobrevive coa súa nai durante o tempo dsa guerra civil. Porén, todo muda para ela cando abren a mina de volframio. Unha certaprosperidadeparece instalarse na contorna, onde moita xente acode ao "ouro negro"para saírda pobreza da posguerra.È alí, na mina de Varilongo, onde Sara coñece a Hannes, o enxeñeiroalemán quelle dá a volta por completo á súa vida. Aos poucos, a moza irádescubrindoo misterio que arrodea o seu compañeiro e os horrores soterrados dogolpefascista, así como esa clandestinidade que botou unha pouca luzsobvre anegrura dese tempo de calamidades. Cunha prosa intimista e dotada dunha grande forza, Mª Carmen Caramés Gorgalpreséntanos unha novela a medio camiño entre o xénero de memoria, orománticoe mesmo o de espionaxe, un texto cuxa calidade a levou a gañar o XXIIPremio Risco de Creación Literaria.