Ir al contenido

Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas eatractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecenteescribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVIII, obrahoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros. Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVIII, exerceu a Medicina e colaborouco Padre Sarmiento nas súas investigacións sobre as propiedadescurativas das plantas. Perfecto Ramos Rodríguez aproveita as biografías destes dousintelectuais para retratar un vívido fresco sobre os tempos dos Lobariñas Feixoo e crebar moitos dos mitos que perduran sobre asituación da cultura escrita en lingua galega.