Ir al contenido

A nai sombra

2021 64 p. GLG
ISBN: 9788413431000 Kalandraka Editora Kalandraka +
14,53 € 14,53 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Namorado dunha misteriosa moza que coñecera onda o mar, o protagonista desta adaptación de varias lendas da cultura selkie -vencellada a criaturas mitolóxicas acuáticas con raigame en Irlanda, Escocia, Islandia e as illas Feroe- toma a súa sombra para evitar que esta o abandone. Pasado o tempo, o fillo de ambos descubrirá un antigo cofre que lle pertencera ao seu pai na súa época de navegante, o tesouro que contén determinará o seu futuro. O amor e a nostalxia están presentes neste texto de palabras engaiolantes directas, unha historia soñadora, de sabor agridoce pero de intensa beleza. Humanos, peixes e outros seres fantásticos superpóñense e fusiónanse sen límites nunhas ilustracións hipnóticas e de sobrio colorido, de rotunda expresividade e atmosfera portentosa.