Ir al contenido

A Tomi encántalle ir de visita os domingos á casadosseus avós. Mentres a avoa prepara un rico biscoitoabaixo, na cociña, a bisavoa descansa no cuarto de arribae cóntalle vellas historias de trasgos. Unha mañá, a nai de Tomi dálle unha mala nova: a avoa de arriba morreu esta noite. Este relato autobiográfico, tenro e emotivo, achegaos nenos e nenas a cuestións fundamentais: as raícesfamiliares, os afectos, o paso do tempo, a vellez, a perda dos seres queridos e como superar esa situaciónou a importancia da memoria e dos recordos. Considerado xa un clásico contemporáneo, as súasilustracións de cores suaves reforzan a atmosferaíntima da historia.