Teño 14 anos, e non é unha boa nova
ISBN: 9788413432533 KALANDRAKA Tiramillas
Unha historia chea de esperanza sobre unha terrible realidade quesofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonioinfantil. Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aosseus catorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigosénchena de felicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpealacon forza: alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona enmatrimonio. Os soños de seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a mellorar as condicións de vida da súa contornaesnaquízanse. Efi loitará por todos os medios para evitar ese destinocruel que a familia e a tradición trazaron para ela. A voz libre e progresista da protagonista elévase como unha denuncia, como unha chamada de atención para cambiar as cousas neste magoantepero esperanzador relato da colección Tiramillas para lectoras electores autónomos a partir de 12 anos.