As "escolas novas" e os seus problemas
ISBN: 9788413432670 KALANDRAKA Biblioteca de Pedagoxía
«A Nova Educación prepara en cada neno non só o futuro cidadán, capazdecumprir os seus deberes para cos seus próximos, a súa nación e ahumanidade no seu conxunto, senón tamén persoas conscientes da súapropia dignidade como seres humanos». A Nova Educación con varias denominacións: Éducation nouvelle, New Education, Progressive Education ou tamén Escola Nova supuxo unharevolución copernicana, unha ruptura con respecto ao modelo educativodominante a finais do s. XIX. Favoreceu, ademais unha salientable renovación metodolóxica, abriu asportas das escolas ao medio social e ao natural, estimulou que osdocentes se interesasen polos nenos e os adolescentes desde o punto de vista psicolóxico e emocional, polas súas necesidades e motivacións, puxo o foco no clima organizativo e relacional, deulle un novoprotagonismo á formación ética e de cidadanía democrática e promoveu a creatividade e a expresión infantil. O presente texto, seleccionado entre as diversas achegas existentesque abordan a Nova Educación, correu a cargo do profesor e filósofo Ernesto Codignola, promotor en Italia, despois da Segunda Guerra Mundial, dunha das recoñecidas escolas novas. Trátase dun texto ricoen información e argumentativo, que foi actualizado en 1962, complementado polo pedagogo Aldo Visalberghi e reeditado de novo en1970. O libro conta cunha nota de presentación (onde se aclaran referencias, datos e conceptos que poden presentar algunha complexidade naactualidade), cun anexo conceptual e informativo ordenadoalfabeticamente e un epílogo final de Antón Costa, especialista namateria.