Sherlock Holmes anotado. Volume II
ISBN: 9788415166474 RINOCERONTE EDITORA S.L.
Este volume inclúe "O regreso de Sherlock Holmes", "O can dos Baskerville", "O val do terror", "O último adeus" e "O arquivo de Sherlock Holmes". A mestría como investigador mais unha enigmática personalidade fixeron de Sherlock Holmes o detective máis famoso da literatura, que segue a engaiolar os lectores 150 anos despois da súa primeira aparición en1887 co seu compañeiro e biógrafo, o doutor Watson. "Sherlock Holmes anotado" recolle en dous volumes as catro novelas e os 56contos protagonizados polos inquilinos do 221B de Baker Street, escritos á súa medida por Arthur Conan Doyle. A edición inclúe máis de 2000 notas con cumprida información sobre os personaxes e ofascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir asinnumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos forondeitando cos anos. Datos, curiosidades e anécdotas, que, xunto coasilustracións orixinais da época, asinadas principalmente por Sidney Paget para a revista Strand, fan da lectura deste "Sherlock Holmesanotado" unha rica e gozosa experiencia.