A utilidade do inútil
ISBN: 9788415250876
A utilidade do inútil é un manifesto que reúne citas e reflexións dos que Nuccio Ordine fixo acopio durante a súa ampla experiencia como profesor e investigador. Está estruturado en tres partes: unha primeira sobre a útilinutilidade da literatura e a achega de personaxes do eido da cultura que abordaron este tema ao longo da historia, outra que analiza a repercusión da lóxica do beneficio no ámbito doensino, da investigación e das actividades culturais en xeral dende opunto de vista do que o autor califica criticamente como "universidade-empresa" e "estudantes-clientes", e por último, unha mostra de clásicos que tiveron efectos destrutivosna dignitas hominis, a través da "ilusión da riqueza" e da "prostitución da sabedoría".