Ir al contenido

Tan pronto se apagou a luz do dormitorio comezaron o barullo e o algareo en todos os edificios da granxa. Durante o día correra a voz de que o vello Comandante, o porco branco de raza middle white que gañara o concurso da feira, tivera un estraño soño a noite anterior e queríatransmitírllelo aos outros animais, e acordaran reunirse todos no celeiro grande en canto estivesen seguros de que o señor Jones non fose entremeterse... Unha noite, cando o granxeiro Jones vai durmir, todos os animais da Granxa Manor reúnense e, liderados por un porco sabio, o vello Comandante, deciden amotinarse e loitar contra os seus amos. A rebelión triunfa, os humanos son expulsados a couces, e os porcos Napoleón e Folerpa proclaman un novo sistemasocial baixo unha nova lei que declara que «todos os animais son iguais». Pero as ensinanzas do vello Comandante vensealteradas cando os seus sucesores asumen o control e converten o goberno nunha tiranía.