Os Estados e Imoperios Da Lúa
ISBN: 9788417388324 RINOCERONTE EDITORA S.L. Vétera
Os Estados e Imperios da Lúa é considerada como a primeira obra doxénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andana catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador eprotagonista, os selenitas confúdeno cunha avestruz. A obra está inzada de disertacións sobre o universo, a materia, ossentidos e a ética, a través das cales Cyrano fustriga os viciosda súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas daciencia e da filosofía. A obra permaneceu censurada pola Igrexadurante dous séculos. Non coñecemos a data exacta de composición de Os Estados e Imperios da Lúa. Parece que en vida de Cyrano xa tiña circulado antes de1650 unha versión manuscrita, mais os textos orixinais desapareceron e non foi senón postumamente, en 1657, cando se publica aprimeira edición, censurada e retocada, que será a que impere duranteséculos. O mesmo aconteceu con Os Estados e Imperios do Sol, que o autor deixou sen rematar e que foi publicada por primeira vez en 1662. A localización de varios manuscritos de Os Estados e Imperios da Lúa a partir do século XIX posibilitou que se avanzasegrandemente na restitución do texto do autor.