🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Os Estados e Imperios do Sol

2010 154 p. GLG
ISBN: 9788417388461 RINOCERONTE EDITORA S.L. Vétera
14,43 € 14,43 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Os Estados e Imperios da Lúa -xunto con Os Estados e Imperios do Sol-conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol. Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario deciencia ficción, é fundamentalmente unha obra de crítica ideolóxica inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e aética, a través das que Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. Publicados postumamente en 1657 e 1662, os textos das viaxespermaneceron censurados durante máis de dous séculos. Enxeñoso, poético e imaxinativo, a ironía do autor é constante emordaz, sementada entre magníficas descricións con ingredientesalquímicos e requintadas alegorías nunha escrita plenamente barroca. Cyrano de Bergerac forma parte, no século XVII, dese movementolibertino que prefigura a potente maré do XVIII, da filosofía das Luces, a ampla vaga que traerá os principios do Laicismo e da Revolución.