Emilia Pardo Bazán: Unha mente poderosa
ISBN: 9788418667053
Este libro busca achegar a todos os públicos, aínda que especialmenteaos nenos, a figura polifacética de Emilia Pardo Bazán a travésde momentos da súa apaixonante vida. Sorprenderanos a nena curiosa egran lectora, a muller namorada e independente e a autora decarácter, rebelde ao rol que se esperaba de toda dama nun ambientesocial e familiar privilexiado. A través da lectura, o estudo eunha capacidade de traballo infinita, conseguiu ser recoñecida no seutempo sobrepoñéndose, en non poucos momentos, ao desdén demoitos compañeiros e académicos mentres era recoñecida, nacional einternacionalmente, por público e crítica. A ilustración, creada cunha particular utilización de técnicastradicionais que combinan debuxo e cores acrílicos de gran forza, inspírase e apoiase, ademais de nos textos sinxelos e ben documentados de María Canosa, en fotos e noticias da época, así como enmonumentos e edificios que aínda existen hoxe, buscando recrear oambiente e lugares que frecuentou a autora cunhas imaxes moirecoñecibles e atractivas. Unha biografía ilustrada perfecta para todo aquel que busque descubrir as principais facetas dunha autorasingular da que o 12 de maio de 2021 cúmprese o centenario da súamorte.