Diferentes diferenzas
ISBN: 9788418667169 BULULU
Sacar o máximo partido á vida, á amizade e respectar os demais senimportar se son feos ou bonitos, altos ou baixos, con tres ou concatro patas... é sempre unha vantaxe para habitar este mundo que ásveces complicamos máis do que deberiamos. Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos queempregan as súas características particulares para gozar dunhavida plena e chea de amigos e aventuras. Un elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha ou un librosen cuberta... cantas cousas diferentes poden facer! Incluímos dentroda nosa colección Carantoña, para prelectores e primeiroslectores, en letra maiúscula, este delicioso álbum infantil que é uncanto á diversidade e mesmo á disfunción. En definitiva, o quenos define como individuos non é o número de pernas, ollos ou vitorias que acumulemos, senón como afrontamos o mundo e a nosarelación cos demais.