🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

O fenómeno humano

2024 373 p. GLG
ISBN: 9788419679963 USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
14,43 € 14,43 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Le phénomène humain (1955), texto seminal do paleontólogo, filósofo e teólogo xesuíta Pierre Teilhard de Chardin, é unha obra mestra da ciencia e da filosofía que explora a evolución do cosmos e do ser humano desde unha perspectiva única e fascinante e desenvolve unha proposta provocadora da evolución, na que o ser humano é a culminación actual, pero non o destino final. Redactada entre xuño de 1938 e xuño de 1940, O fenómeno humano deixou unha pegada perdurable no pensamento contemporáneo, desafiando moitas conviccións e ofrecendo unha visión profunda e esperanzadora da humanidade no universo. Malia ter sido influída polos avances científicos e os debates filosóficos da época, os conceptos que propón seguen sendo plenamente relevantes na actualidade. O tempo achegou capas de silencio sobre o pensamento de Teilhard de Chardin pero, tal vez por iso, enfrontar hoxe a súa obra resulte estimulante e revelador na medida en que a súa proposta científica obriga a revisar certos dogmas da evolución. Tamén, e non é menos importante, porque esta poposta inclúe o nesgo dunha orientación preocupada por honrar tanto a razón como a fe.