Encontros con laxeiro
ISBN: 9788476806531
Xosé Neira vilas e Laxeiro coñecéronse en Buenos Aires en 1952 eamistaron de por vida. Os encontros entre eles foron múltiples, non só na Arxentina senón tamén en Madrid, en Vigo, na Coruña, en Santiago... Neira evoca aquí ó seu amigo. Ambos naceron na comarca de Deza e ambos foron emigrantes en Cuba e na Arxentina. Neste librosucédense as lembranzas, nunha e outra orela do Atlántico. O autor, ademáis, convocou a homes e mulleres de letras, pintores, músicos eoutros seguidores laxeiranos, e a obra, de entrañable e dilatadaelaboración, convertiuse nunha homenaxe múltiple ó gran artistalalinense. Nos diversos testemuños que aquí aparecen hai a un tempoagarimoso achego e admiración ante este ser humano e singular creadorque foi Laxeiro.