Ir al contenido

Entre fronteiras

2004 348 p. GLG
ISBN: 9788482886671 Editorial Galaxia, S.A. Literaria
16,79 € 16,79 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

A nova novela de Xavier Alcalá forma parte dun proxecto narrativocentrado na historia nunca contada das comunidades evanxélicas en Galicia. Entre fronteiras narra a historia dunha represión. Partindode feitos reais, a novela de Alcalá achéganos á verdade a través daficción. As consecuencias de vivir cunhas conviccións relixiosasdiferentes e as vicisitudes que o contexto histórico impón aosevanxélicos en Galicia constitúen a materia prima da triloxía«Evanxélica memoria», iniciada coa novela que agora se publica. Entrefronteiras supón un esforzo narrativo singular. A historia que conta Xavier Alcalá nesta novela comeza durante o reinado de Alfonso XIII echega á Guerra Civil. As circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonantedunha narración que flúe dun xeito imparable. A base documental danovela está tomada directamente das conversas que o autor mantivo conmembros da comunidade evanxélica en Galicia: os seus testemuñosaxudaron a Alcalá a tecer un relato de ficción narrativamenteverosímil, amais de apaixonante polo que ten de historia vivida. Xavier Alcalá descobre unha parte ata o de agora descoñecida da nosahistoria. O autor anuncia a continuación desta epopea do noso temponoutras dúas novelas máis, Nas catacumbas e Unha falsa luz. Cada unhadas partes da triloxía pódese ler de xeito independente, xa queabranguen distintos períodos da historia recente: a Guerra Civil, aposguerra e o franquismo ata a morte do ditador.