Ir al contenido

A fin da terra

2006 GLG
ISBN: 9788482888866 GALAXIA
21,65 € 21,65 €

 Terminos y condiciones 
Envio: de 7 a 10 dias habiles
Si no lo tenemos en tienda, te lo pedimos a nuestro proveedor — entrega en aprox. 7 días hábiles.

Unha das escritoras arxentinas máis destacadas actualmente é María Rosa Lojo, de quen Editorial Galaxia publica, en tradución galega, a novela A fin da terra. As orixes familiares da autora, de pai galego, teñen moito que ver con esta obra que sae á luz no 2006 ao mesmo tempo en castelán que en galego. Nun invermo Londinense, alá polo 1874, Elizabeth Armstrong comeza a ler as cartas que inesperadamente lle chegan desde Galicia, desde a afastada vila de Fisterra. A súa correspondente Rosalind, promete nelas rachar o teimudo silencio que sempre rodeou o nacemento da protagonista no Río da Prata. As súas cartas lévana corenta anos atrás, á Arxentina, á tribo dos indios ranqueles, á súa propia orixe. Entrementres Elizabeth fai amizade co case adolescente Oscar Wilde, rexeita ofertas matrimoniais e, fascinada, descobre un pasado, encóntrase co que descoñece de si mesma. Historias e personaxes de tempos e culturas diferentes, dun e doutro lado do Atlántico, da Arxentina, de Irlanda e de Galicia, conflúen neste romance, unha procura no enigma da identidade, un ''camiño de Fisterra''. metáfora do límite e do extremo onde nos enfrontamos ao descoñecido, ao misterio que cadaquén leva dentro de si mesmo.