🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

A medición do mundo

2006 324 p. GLG
ISBN: 9788482889528 Editorial Galaxia, S.A. Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
23,07 € 23,07 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Daniel Kehlmann describe cun sutil toque de humor a vida de dousxenios, as súas ansias e debilidades, os seus paseos pola raia finaque separa a ridiculez da grandeza, o éxito do fracaso. A medición domundo é un requintado xogo de feitos e ficcións, unha novela deaventuras de extraordinaria fantasía, forza e interese. A historia dedúas aventuras vitais que acabarían por determinar a nosa maneira deentender o mundo. Contra a fin do século XVIII, dous científicosalemáns emprenden a tarefa de medir o mundo. Un deles, o xeógrafo Alexander von Humboldt, logo de partir en barco desde a cidade da Coruña, ábrese paso pola selva e a estepa, navega polo Orinoco, probano propio corpo os efectos dos velenos, métese no interior de covas, escala volcáns, encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. O outro, o matemático e astrónomo Carl Friedrich Gauss demostra, senmoverse da súa casa de G"ttingen, que o espazo é curvo. De vellos, xafamosos e tamén unha miguiña excéntricos, encóntranse os dous no Berlín de 1828. Pero aínda non ben descendeu Gauss do seu coche decabalos e xa se ven ambos e dous enredados no tumulto político quesegue á caída de Napoleón. A medición do mundo acadou xa en Alemaña os 769.000 exemplares vendidos e vaise traducir a 35 linguas.