🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

A velocidade do frío

1996 296 p. GLG
ISBN: 9788483020685 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
23,30 € 23,30 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que podetanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximacióncomo doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se vanfacendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dosprotagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a donarrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela-resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío. Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historiasingular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesosnas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións ereflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estiloprevisible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directosen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente dolector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas árecreación personalizada. En A velocidade do frío hai moito instintocriminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os sereshumanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos quenon sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal-son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotadosdunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo devida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta einsolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ásaparencias e na falta total de sentimentos.