Ir al contenido

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía eliberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ósnosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filladunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidadeintelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona queverá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia detantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando adebuxar. O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará nolector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz querescata o mellor da nosa memoria.