Males de cabeza
ISBN: 9788483025468
Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexionasobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbanacontemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunhaneurose colectiva. Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeirade seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo domilenio: a tolemia. En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha olladasobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemiapróxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo astensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade eabrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica querecrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello quecompendia a obra literaria de Fran Alonso. INDICACIONS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súaansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nasdiscusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nosciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nasdiscusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias.