Ir al contenido

Irmán Rei Artur

2001 160 p. GLG
ISBN: 9788483026069 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
14,34 € 14,34 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dostemas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúarecreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desdeunha nova perspectiva moi libre. A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur naencrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, amergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: apaixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dunpenedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabiose namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eternadisputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si omilagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lecturanova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa daambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construiraderrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecercon todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellorespara volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, &quot, volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como erapouco antes de el chegar &quot, .