Millo verde
ISBN: 9788483028247
Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súasprimeiras páxinas a noticia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela, unprofesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade, foi detidopola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio doacusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións.¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por quen?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno. Esteé o arrinque argumental de Millo verde, a nova novela de Xosé Fernández Ferreiro. Unha narración que ten un sorprendente einesperado desenlace, que non mitiga un drama social que se presentacon toda a crueldade e que marca a fogo e para sempre a vida dospersonaxes. Novela de enfoque realista, construída minuciosamente como unha narración de intriga, Millo verde engaiola ao lector na esculcada verdade sobre un terrible suceso. O papel dos medios decomunicación, as investigacións policiais e xudiciais, ou as reaccións da comunidade educativa contrapuntean nesta novela inquedante cosufrimento dunhas víctimas sometidas a aldraxe e a dor do seu inferno. Millo verde constitúe unha valente denuncia da hipocrisía dunhasociedade que procura culpables inmediatos para agachar as súasdoenzas máis profundas.