🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Servicio de urxencias

2002 192 p. GLG
ISBN: 9788483028278 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
14,91 € 14,91 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefedo Servicio de Urxencias son os personaxes principais destasdesternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toropreparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizadapola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris. O espacio reducido do servicio de urxencias dunhospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e asala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banqueteda súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, unsvídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que serecollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. Ohumor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humorconcibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E poriso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas... Iso é o humor: un modo de ir levando o que nossupera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo derebelarse contra a derrota.