Noite de voraces sombras
ISBN: 9788483029107
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada osacontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoaforon un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá oinquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unhaselecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesqueciblehistoria de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que seproduciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noitede voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda untema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidase dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, asícomo a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosasvidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuartoda protagonista, e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aosacontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista. Despois dapublicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivounha grande acollida do público e da crítica, foi ", Premio Protagonista Jove ", , outorgado polos lectores cataláns, eincluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestríanarrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dosideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moirelevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, poloexilio e pola distancia.