Ir al contenido

Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas queteñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta ecincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantesgalegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío, fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes, vidasancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos de vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro quelevaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón, o Xan o Cativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago, que co seulapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de tripulación. Mariñeiros namorados e comprometidos como o Daniel, aquel mozote de Camariñas que nunca esquecerá a súa namorada primeira, o Xaquín, ovello pescador da Malata que sentía polo mar unha mestura de amor exenreira, o negro Eliseo, un Goliat antillano que cos galegos da Casa Branca aprendeu a fala nosa, ou o Xoán Barreiro, dirixente do Sindicato de Viveiristas que promoveu os setes meses de folga do anotrinta e un... Relatos mariñeiros, pola súa complexa e premeditadabrevidade, pola súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilaciónléxica, e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción, apoiadas nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe unhadas máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da literatura galega.