FROITAS
ISBN: 9788484644866
«Animais» reúne unha amigable e heteroxénea sucesión de faunasilvestre e salvaxe. «Froitas» contén unha escolma de saborososalimentos procedentes das súas respectivas árbores. Son os novostítulos da colección Do berce á lúa. Os seus destinatarios son nenas e nenos de 0 a 3 anos para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas, un termo acuñado para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada na busca dun ritmo de lectura que axude a educar o ollo e adozar o oído do pequeno lector, como explica o seu autor, Antonio Rubio.